Friday 03 de May de 2024

Comezan os traballos de instalación do transformador no novo Mercado de Riveira


O Concello traballa co 2 de maio como data de apertura de portas

Despois de que nas últimas semanas tiveron lugar os labores previos de canalización eléctrica, hoxe arrancaron os traballos de instalación do transformador que vai prover ao novo mercado municipal de Riveira.

Con esta acción, desenvolvida por Malga S.L (segundo un procedemento de contratación no que o importe da adxudicación ascendeu a 63.072 euros), dase por realizado un dos últimos trámites antes da apertura de portas da infraestrutura.

De feito, o Executivo local xa baralla unha data para a apertura da instalación: será en principio o luns 2 de maio se non se produce ningunha circunstancia sobrevida que o impida, e con tal data se está a traballar.

De feito, xa están adxudicados os traslados tanto dos postos de venda de peixe (11 en total) como os postos de carnicería e o resto de puntos de venta que irán situados na planta baixa do edificio. Está previsto que este traslado dende a carpa provisional teña lugar a finais do presente mes.

A apertura do resto de plantas irá sucedéndose de forma gradual.